Select Page

O libro dixital

Descobre a publicación dixital do proxecto, unha obra accesible e gratuíta que reúne o percorrido fotográfico do recoñecido autor Adolfo Enríquez xunto aos testemuños que o fixeror posíbel. Nas súas páxinas, as imaxes dialogan directamente coas respostas escritas por veciños e peregrinos nas pezas de vieira, dando lugar a un documento etnográfico e artístico único que inmortaliza a esencia inmaterial dos Camiños de Santiago.